1. Revisar o contido sen delegalo na IA
A intelixencia artificial (IA) pode equivocarse con total naturalidade, e un erro nunha simulación ou nun cuestionario acaba sendo unha aprendizaxe equivocada. Antes de publicar hai que usar o material como o faría o alumnado e comprobar os conceptos, os datos e as respostas que dá por boas. Esta revisión non se pode delegar, xa que a responsabilidade do que se ensina é da persoa que o publica.
- O mínimo. Percorrer o material de principio a fin, tamén con respostas equivocadas, e revisar cada resultado co criterio da materia. Despois de cada cambio importante, repetir o percorrido cunha lista de comprobacións que pode redactar a propia IA, xa que unha modificación pequena pode estragar algo que xa funcionaba.
- O recomendado. Pedirlle á IA que converta esa lista en probas automáticas e as execute despois de cada cambio.